Eventos

Buscador

    a
"Este obradoiro informativo está orientado a autónomos e micropemes, co obxectivo de que coñezan mellor a importancia das redes sociais e de como poden mellorar o seu negocio, xa que estas son unha canle de comunicación que serve para proxectar unha imaxe positiva e próxima da nosa marca, produtos ou servizos e permiten establecer relacións e sinerxías con provedores, clientes e, por que non, coa competencia, ademais de ofrecer outras moitas vantaxes, que tamén se tratarán aquí.

Índice de contidos
• As redes sociais
• Usando as redes sociais: Facebook, Twitter, Google My Business, Youtube, Linkedin.
• Creando o seu propio blog
• Traballando con RRSS

O obradoiro será impartido por Eliana Bouzas, Licenciada en publicidade e relacións públicas pola Uvigo e Master en Tecnoloxías da Información e desenvolvemento rexional pola USC, con máis de 6 anos de experiencia vinculada a proyectos de alfabetización e capacitación dixital."